Numeracion Curtis logos

O Goberno de Curtis aproba os orzamentos do 2019, que destinan o 32% a políticas sociais e o 20% a investimentos

  • O alcalde destaca que se mantén a senda do incremento destinado a investimentos iniciada hai tres anos.

Pleno Orzamentos 2019Case o 20% do orzamento de 2019, que ascenden a 4.558.549,70 euros, irá destinado a investimentos, o que supón manter a senda de consolidación do incremento neste capítulo iniciada hai tres anos.

A partida ascende a 860.000 euros e recolle melloras na rede viaria en parroquias e centros urbanos, así como melloras nos centros sociais, na iluminación pública e en programas de asistencia social primaria.

O alcalde Javier Caínzos aclarou, ademais, que existe unha partida de 100.000 euros destinada a complementar novas obras con outras administracións xa que espera que, como en anos anteriores, os investimentos reais a finais do 2019 superen o millón de euros.

Taxas e impostos conxelados

O rexedor destacou o crecemento dos orzamentos respecto de 2018 nun 3,27% e cualificounos como expansivos e sociais, non só porque as partidas que se destinan a políticas sociais (educación, servizos, sociais, cultura e deporte) supoñen o 32% do orzamento senón porque, co fin de non gravar as economías familiares, conxelará, por sexto ano consecutivo, todas as taxas e impostos municipais, entre eles, o servizo de recollida de lixos, o de axuda no fogar, as instalacións deportivas e as actividades municipais. Tamén volverá asumir o Concello a subida do IPC do servizo de auga e da depuración para evitar que repercuta no recibo dos veciños.

No 2019 manteranse as bonificacións máximas do IBI ás explotacións gandeiras e agrícolas e ás familias numerosas, aprobadas ambas as en 2016, así como as bonificacións no imposto do ICIO sobre a construción, instalacións e obras, co fin de incentivar a instalación de empresas no municipio.

O capítulo de persoal suporá o 37% do orzamento polas subidas salariais do 2,25% marcadas polo Goberno central e a provisión para a futura RPT, que o alcalde espera aprobar de inmediato.

Os orzamentos foron aprobados só cos votos do PP xa que os edís non adscritos votaron en contra.

Foi aprobado, ademais, neste caso por unanimidade, o nomeamento como embaixadora de Beatriz Remeseiro López en recoñecemento á súa traxectoria profesional como investigadora e divulgadora no ámbito nacional e internacional, así como o IV Plan de Igualdade.

Novas dos Orzamentos para o 2019:

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.