Numeracion Curtis logos

As obras de pavimentación e sinalización na contorna da feira de Curtis finalizan as melloras na accesibilidade e seguridade ao recinto

  • A última actuación supuxo un investimento de 38.695 euros.

pensa cucaAs obras xa executadas de pavimentación con aglomerado e de sinalización horizontal nas rúas e na praza adxacente ao recinto feiral de Curtis finalizan as actuacións impulsadas polo Goberno local na contorna do mercado co obxectivo de mellorar a accesibilidade e a seguridade peonil e viaria.

Esta última actuación, que supuxo un investimento de 38.695 euros financiada pola Consellería de Medio Rural, deu continuidade ás obras realizadas, neste caso con fondos municipais, na rúa Pena Cuca, que discorre entre o recinto feiral e o Centro de Día. Ademais de aglomerar a rúa, dotouse de beirarrúas para dar servizo aos veciños e edificios anexos e acondicionáronse as escaleiras que unen a praza do mercado á Avenida Emilio Martínez.

Con estas intervencións, o Concello curtiense, ademais de saldar un compromiso electoral, vai avanzando no acondicionamento dos accesos e do propio mercado de Curtis, o de maior movemento da comarca e que atrae a centenares de persoas todos os días 8 e 23 de cada mes.

Nesta lexislatura, o Goberno local tamén acondicionou a nave das pulpeiras para optimizar as medidas de hixiene e salubridade.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.