Banner XIV premio de narracion curta concello de curtis

O Goberno local formalizará en marzo a adquisición da casa da pintora Mª Antonia Dans para convertela nun museo

  • A Deputación da Coruña aprobou hoxe por unanimidade destinar 56.000 euros ao proxecto, achega que representa o 80% do investimento total.

pleno dansO Concello de Curtis formalizará en marzo a compra da casa da pintora Mº Antonia Dans, que vai adquirir á familia para convertela nun museo co fin de lembrar a figura e a obra desta artista neoexpresionista e para dinamizar a vida cultural do municipio e a comarca.

Para iso, conta co apoio da Deputación da Coruña, que aprobou hoxe por unanimidade destinar 56.000 euros ao proxecto, achega que representa o 80% do investimento total, que ascende a 70.000 euros. Ao Pleno da entidade provincial acudiron hoxe o alcalde Javier Caínzos e a concelleira de Cutura, Eva Lata.

O obxectivo do rexedor, que comezou as xestións para financiar o proxecto tras planificalo cos colectivos do municipio, é comprar a casa, típica da zona pola súa singular galería de madeira, e proceder á rehabilitación da cuberta e o exterior.

A folla de ruta do Consistorio é recuperar tamén o mobiliario, orixinal da época, que se atopa moi danado.

Ademais do Museo de Antonio Dans, o Goberno local quere utilizar as edificacións complementarias do inmoble para crear unha escola de pintura. Tamén se espera abrir espazos para dinamizar a vida cultural e a participación veciñal e valórase incluír un museo da madeira pola vinculación deste sector co desenvolvemento económico do municipio.

María Antonia Dans, a pintora

María Antonia Dans instalouse moi pequena coa súa familia en Curtis. Desde esta casa vía transcorrer a vida local e o desenvolvemento da feira, e no municipio descubriu as cores que acompañaron toda a súa creación artística. En Curtis tiña a autora o seu estudo galego, desde onde facía excursións e tomaba notas que logo trasladaba ás súas obras.

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.