Numeracion Curtis logos

Rosalía Dans entrega as chaves da casa da súa nai ao Concello para convertela nunha Casa Museo na súa memoria

  • Ademais do museo Mª Antonia Dans, proxéctase unha escola de pintura.
  • A actriz reuniuse con veciños e amigos da súa mocidade nun acto no que o Concello fíxolle entrega dun recordo dese día.

Foto Dans 1A actriz Rosalía Dans, filla da pintora María Antonia Dans, fixo entrega ao alcalde curtiense, Javier Caínzos, das chaves da vivenda familiar en Curtis, o último paso pendente para que o Concello poida comezar a rehabilitación do inmoble para convertela nunha Casa-Museo e nunha escola de pintura en recordo da súa nai, a pintora neoexpresionista María Antonia Dans.

A entrega das chaves serviu ademais, para que a actriz se reencontrase con numerosas veciños e amigos da súa mocidade. O alcalde e a concelleira de Cultura, Eva Lata, aproveitaron para entregarlle unha figura de recordo (unha muller cun queixo, un dos emblemas do municipio) dun día tan emotivo para ela e o concello.

Nesta vivenda a súa nai pasou a súa infancia e mocidade e era a casa onde sempre volvía para pintar e inspirarse nas paisaxes e nas xentes curtienses. O proxecto quere manter con vida a memoria da pintora e impulsar a vida cultural do municipio coa apertura dunha Casa Museo e a posta en marcha dunha escola de pintura nas dependencias externas á vivenda principal.

O inmoble, que dispón dunha protección especial na PXOM, é unha estrutura típica do municipio, onde destaca especialmente a súa balconada. Ademais das obras de recuperación dá a casa, o Concello rehabilitará o mobiliario, orixinal da época, que se atopa moi danado.

Novas relacionadas:

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.