Numeracion Curtis logos

Luz verde ao proxecto de ampliación e mellora da DP-3201 ao seu paso por Curtis e a unha senda peonil

  • A estrada pasará de 5 a 9 metros de ancho e mellorará os accesos ás explotacións agrogandeiras da zona.
  • O investimento nesta actuación superará o millón de euros.

dp3201O Concello de Curtis deu a o visto e prace ao proxecto redactado pola Deputación de A Coruña para a ampliación e mellora da DP-3201, Estación de Curtis ao Carregal e Gorxá e a senda peonil na intersección coa estrada autonómica AC-231. A base de licitación é de 1.130.346 €.

A estrada dota de acceso a algunhas explotacións agrícolas e de transformación vinculadas ao sector primario, o que supón que se xenere un volume de vehículos pesados moi superior ao habitual nos núcleos de poboación aos que da servizo.

As obras consisten na ampliación e mellora do firme da estrada provincial, nun tramo de 2,65 metros, entro os p.k. 8+400 e 11+030.

A actuación contempla unha ampliación do ancho da calzada actual, sen pintar que pose un ancho aproximado de 5 metros, ata os 9 metros, cunha configuración de dous carrís de 3,5 metros de ancho, un por sentido, e beiravías de 1 metro.

O trazado en planta coincide sensiblemente coa trazado actual, agás nun pequeno tramo nas proximidades ao núcleo de Santaia, no que se fai unha pequena variante do trazado.

No núcleo de Santaia, proxectase unha mellora local do trazado cun tramo de variante de 100 metros de lonxitude que permite suprimir tres curvas moi acusadas de reducido radio, afastarase ao mesmo tempo a estrada da igrexa e cemiterio parroquial e reordenando os accesos, mediante o deseño dunha nova intersección, que facilita o acceso de vehículos pesados a unhas instalacións de transformación dunha cooperativa agropecuaria existente.

Ademais, na zona de Santaia, entre os p.k. 8+700 e 9+700, pola marxe esquerda prevese a execución dunha senda peonil de dous metros de ancho, con pavimento de formigón coloreado así coma iluminación.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.