Numeracion Curtis logos

A Corporación de Curtis, a primeira que se une en Galicia para impedir o peche do xulgado de paz e o rexistro civil

  • O Pleno aproba unha moción de maneira unánime e alerta da necesidade de impedir que se perdan máis servizos no rural.
  • O alcalde Javier Caínzos trasladou a preocupación a varios rexedores de municipios rurais para alertalos e para frear a situación.

pleno juzgadoA Corporación de Curtis foi a primeira de Galicia que se uniu en Pleno para pelexar pola permanencia do xulgado de paz e o rexistro civil que xa existen no municipio ante a ameaza de peche que suporá a aplicación da Lei 20/2011, que dispón da privatización dos rexistros civís e que tamén abre a porta ao peche dos xulgados de paz.

Esta semana, os edís non adscritos sumáronse á moción presentada polo PP, na que se alertaba desta situación e do grave prexuízo que suporía para un municipio como o de Curtis onde o volume de tramitacións é altísimo, máis de 4.000 expedientes nos últimos anos. Ante esta carga de traballo, o Concello curtiense ten desde o ano 2000 na RPT unha praza que cobre estas dúas funcións: rexistro civil e xulgado de paz.

No Pleno quedou patente a enorme preocupación e instouse ao Goberno central a manter os servizos e que sigan sendo públicos e gratuítos, así como próximos aos veciños. De desaparecer, os veciños de Curtis e a comarca deberán trasladarse 25 quilómetros ou máis, a Betanzos ou Coruña, en función onde se vaian a prestar os servizos, para realizar xestións que agora mesmo se fan no municipio, como as inscricións de nacemento, matrimonio e defunción, actos de conciliación e fes de vida, entre outras necesidades.

Crecemento de Curtis e a España baleirada

O alcalde Javier Caínzos sostivo no Pleno que se debe pelexar por manter os servizos no rural. "Non se pode falar de achegar servizos ao rural e logo deixar que o que agora se denomina a España baleirada siga perdendo servizos fundamentais e próximos, debemos impedilo", instou, e lembrou que o municipio se atopa ademais nun momento de crecemento poboacional e de desenvolvemento industrial coa instalación de dúas grandes empresas vinculadas ao sector primario no Polígono de Teixeiro, e coa ampliación da existente no parque empresarial de Curtis, que crearán máis 800 postos de traballo no municipio e comarca no 2020.

Para facer fronte a esta situación o rexedor trasladou a alerta a varios municipios rurais afectados para pór en marcha distintas accións co fin de visibilizar a situación grave que se aveciña.

Situación en toda España

Coa aplicación desta lei, eliminaranse máis de 8.000 oficinas de Rexistro Civil, reduciéndolas a non máis de 350 en todo o territorio nacional (a Lei 20/2011 determina unha, polo menos, por CCAA).

Non só elimínanse os Rexistros civís con persoal idooneo dos concellos, senón dos Xulgados e Agrupacións de Xulgados de Paz e de moitas cabezas de partido xudicial.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.