Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis inicia o proceso de contratación das obras máis urxentes na casa da pintora Mª Antonia Dans

  • A Consellería de Cultura comprométese a cofinanciar os arranxos do inmoble, que será unha Casa Museo sobre a pintora.

Reunion ConselleiroO Concello de Curtis inicia o proceso de contratación das obras de mellora da casa da pintora María Antonia Dans, que se converterá nunha Casa Museo, cun importe de 16.994 euros.

Estas primeiras execucións serán de urxencia xa que é necesario acometer melloras, sobre todo exteriores, para poder garantir a seguridade do inmoble e a súa estrutura natural, que periga debido ao seu deteriorado estado. O mal estado da cuberta provoca ademais, filtracións de auga.

O alcalde de Curtis, Javier Caínzos, e a concelleira de Cultura, Eva Lata, presentaron onte o proxecto de Cásaa Museo ao conselleiro de Cultura, Román Rodríguez González, quen se comprometeu a cofinanciar as actuacións de reforma. No prazo dun mes concretaranse as obras e as anualidades a executar.

Ademais do Museo de Antonio Dans, o Goberno local quere utilizar as edificacións complementarias do inmoble para crear unha escola de pintura. Tamén se espera abrir espazos para dinamizar a vida cultural e a participación veciñal.

María Antonia Dans, a pintora

María Antonia Dans instalouse moi pequena coa súa familia en Curtis. Desde esta casa vía transcorrer a vida local e o desenvolvemento da feira, e no municipio descubriu as cores que acompañaron toda a súa creación artística. En Curtis tiña a autora o seu estudo galego, desde onde facía excursións e tomaba notas que logo trasladaba ás súas obras.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.