Numeracion Curtis logos

En marcha un servizo técnico especializado para atender as dúbidas e recursos da regularización catastral

bando catastroO Concello de Curtis pon a disposición dos veciños e veciñas un servizo técnico especializado para atender as dúbidas existentes sobre a regularización catastral, e de ser o caso, tramitar os recursos pertinentes.

Todas as persoas interesadas que estean a recibir liquidacións de IBI resultantes da regularización catastral, e que crean que existe algún erro nas mesmas, poden recurrir a este servizo. 

TEIXEIRO

  • Días: 24 e 25 de xuño
  • Horarios: de 10 a 14 horas e de 16.00 a 18.00 horas
  • Lugar: salón de plenos da Casa Consistorial.

CURTIS

  • Días: 26 e 27 de xuño
  • Horarios: de 10.00 a 14.00 horas, e de 16.00 a 18.00 horas
  • Lugar: salón de actos do recinto feiral

É recomendable solicitar cita previa:

  • Álvaro Freire - 981789003
  • Toñi - 981777105

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.