Numeracion Curtis logos

O municipio de Curtis volcarase na loita contra o cancro cunha carreira e andaina solidaria o 7 de xullo

solidariaO día 7 de xullo, domingo, os 11 quilómetros que separan Curtis e Teixeiro converteranse por segundo ano consecutivo nun símbolo do esforzo na loita contra o cancro. Esta é a distancia que percorrerán os atletas que participarán na II Carreira e Andaina Solidaria que organiza a área de Deportes do Concello de Curtis e a Asociación Local de Curtis Teixeiro na loita contra o cancro, e na que colabora a Asociación Española contra o Cancro e a Federación Galega de Atletismo.

A iniciativa está pensada para visualizar o camiño que aínda queda por andar na loita contra esta enfermidade e para que participen persoas de todas as idades, adultos na carreira e na andaina, pero tamén nenos, que poderán inscribirse na andaina.

A saída da carreira será ás 10.30 horas, e a andaina ás 10.35 horas, desde a Praza de España, en Teixeiro, e o final está previsto no polideportivo municipal de Curtis.

A recollida de dorsais será de 8.30 horas ás 9.30 horas no pavillón de Curtis. E haberá logo autobuses que recollan aos atletas en Curtis, ás 9.30 e as 10.15 horas, para trasladados á saída en Teixeiro.

A inscrición está aberta ata o 3 de xullo na páxina da Federación Galega de Atletismo.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.