banner cultura 2019 1

Licitarase a final de ano o acondicionamento das estradas AC-840 e AC- 231 ao seu paso por Curtis cun investimento de 238.000 €

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade e o alcalde de Curtis supervisaron hoxe o cruce do Empalme, que xunto coa senda á disposición dos veciños desde o verán pasado, suma un investimento total duns 700.000 euros.

  • Ethel Vázquez destaca a mellora da seguridade viaria conseguida no cruce xa que a rotonda permite os xiros en condicións máis seguras e de maior visibilidade.

Foto obras Empalme 1Curtis, 8 de xullo de 2019.- O alcalde de Curtis, Javier Caínzos, e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, supervisaron hoxe a rotonda executada no cruce do Empalme, na estrada AC-840, en Curtis, que reforza a seguridade viaria nesta contorna, tras o investimento de máis de 230.000 euros.

Durante esta visita, a responsable de Infraestruturas avanzou tamén a licitación a finais de ano dun proxecto de mellora de firme nesta mesma vía e da AC-231 ao seu paso polo municipio, cun investimento que chegará aos 238.000 euros.

En canto a rotonda, trátase da reforma dunha intersección onde conflúen ambas estradas coa outra vía autonómica que leva a Montesalgueiro (AC-230) e onde era necesaria esta actuación, xa que este punto contaba con visibilidade reducida debido a un cambio de rasante próximo.

A rotonda mellora a seguridade nesta contorna ao permitir os xiros en condicións máis seguras e de maior visibilidade. Engadiu que tamén se rehabilitou o firme nos accesos á glorieta e se dotou de beirarrúas a zona.

Tanto a conselleira como o alcalde fixeron fincapé na importancia de dotar de maior seguridade aos usuarios destas tres estradas, que contan cun tráfico local elevado ao ser moi utilizadas polos veciños deste concello pero tamén dos arredores.

Lembraron que esta infraestrutura se suma á senda peonil que xa está a disposición dos veciños desde o pasado verán, sumando un investimento total duns 700.000 euros.

A senda, de 1,7 km, transcorre pola marxe dereita da estrada e conecta a zona da Raia coa citada intersección. Neste sentido, dótase a zona, na que se concentran vivendas, servizos e equipamentos, dunha infraestrutura segura, sustentable e integrada na paisaxe, para o tránsito a pé.

O itinerario executado permite completar un percorrido peonil ao longo do concello de Curtis dende Cesuras a Vilasantar.

Tamén se acondicionou a intersección coa estrada que vai ao cemiterio e se executaron dous muros de contención, que eran necesarios.

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.