banner cultura 2019 1

O Concello de Curtis inicia obras de mellora en pistas e rúas municipais por valor de 338.827 euros

ObrasO Concello de Curtis iniciou obras de mellora en distintas pistas e rúas municipais por importe total de 338.827 euros. En dous destas obras prevese a construción de sendas peoniles para a mellora da seguridade viaria, que son moi demandadas polos veciños, que se ubicarán na pista que vai desde Teixeiro ao Abelar e da AC-840 á aldea da Carballeira.

No resto das actuacións, amplíase o ancho da calzada en zonas estreitas e procederase a pavimentar o firme con aglomerado e á sinalización horizontal, entre outras execucións.

As obras son as seguintes:

  • Reforzo do firme de calzada con mesturas asfálticas en camiños das parroquias de Nª. Sra de Lourdes, Sta María de Fisteus e Sta Eulalia de Curtis. Importe, con IVE incluído: 145.630 euros.
  • Mellora da seguridade viaria. Senda peonil no camiño de acceso ao núcleo de Abelar desde a rúa Crego Barbazán (Teixeiro). Importe, con IVE incluído: 74.870 euros.
  • Rehabilitación estrutural do firme de calzada existente na rúa Alcalde Espiñeira desde M.A.Terrón á estrada provincial. Importe, con IVE incluído: 72.820 euros.
  • Afirmado de sobreanchos e reforzo do firme de calzada con MBC nas rúas Pedrouzo e Brixería (Teixeiro) e na travesía Francisco Correa (Curtis). Importe, con IVE incluído: 45.507 euros.

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.