banner narracion curta XIV

'Curtis na Lembranza' regresará o 27 de xullo ao pasado para rememorar e homenaxear as feiras de 1900

  • Comerciantes e veciños recrearán a atmosfera de principios do século pasado como homenaxe ao mercado que impulsou o crecemento do pobo xunto á chegada do ferrocarril.
  • Os organizadores sortearán billetes de tren de ida e volta desde A Coruña.

Feira 1900O pobo de Curtis volverá o vindeiro día 27 deste mes de xullo a principios do século pasado para lembrar como eran as feiras do municipio cando o pobo empezou a crecer ao redor da actividade económica do seu mercado e da estación de tren, que foi inaugurada a finais do século XIX polo rei Alfonso XII.

A iniciativa, impulsada pola Asociación de Comerciantes de Curtis e o Concello de Curtis, alcanza xa a súa IV edición consolidándose cada ano como unha das festas de referencia do verán.

Os organizadores traballan para que esta edición volva a ser todo un éxito e para iso se instalarán numerosos postos de produtos artesáns e típicos da terra ao longo da Avenida Principal do pobo e nas rúas adxacentes, nas que ademais se programarán bailes e música, xogos populares, monicreques e teatro. Como en anos anteriores, se sortearán billetes de tren de ida volta desde A Coruña co obxectivo de que cheguen pasaxeiros ataviados coas roupaxes de 1900. Para conseguilo, basta con darlle ao gústame á páxina de Facebook da Asociación de Comerciantes de Curtis.

Tamén se manterán as tradicións de Curtis como o chamado 'paseo das nenas', que era o momento no que as mozas do pobo vestidas de festa percorrían a rúa principal camiño do baile.

Para promocionar esta festa, o Concello de Curtis abriu na edición do ano anterior unha web, onde se da a coñecer a historia do pobo e as claves da celebración.

A Feira de Curtis, que cumpriu en 1994 os seus cen anos de vida, segue a ser un referente na comarca e na provincia xa que se mantén como un dos grandes dinamizadores económicos do municipio cos máis de 130 postos que se instalan todos os días 9 e 23 de cada mes nos seus máis de 25.000 metros cadrados e o seu catro naves totalmente acondicionadas.

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.