Numeracion Curtis logos

Oportunidade de emprego en Greenalia

greenalia copyA empresa Grupo Forma-t colabora coa empresa Greenalia, que se está implantando no Polígono Industrial de Teixeiro, no desenvolvemento de accións formativas con compromiso de contratación para incorporar persoal nos postos de operadores de empacadoras de biomasa xa que iniciará a súa actividade proximamente.

A empresa Forma-t encargarase da formación do persoal no manexo das empacadoras de biomasa, para o cal vai realizar un total de 6 cursos gratuitos de 300 horas, cada un deles contará cun número limitado de 15 prazas e cada curso ten un compromiso de contratación con Greenalia dun mínimo de 6 alumnos/as.

O lugar de impartición dos cursos será: 2 en Vilalba (un en quenda de mañá e outro de tarde) que empezarán no mes de xullo de 2019 e 4 que se desenvolverán previsiblemente en Ordes e Arteixo. Para participar destas accións é imprescindible estar en situación de desemprego, inscrito no Servizo Público de Emprego de Galicia, os participantes terán unha beca de desplazamento (0,19 cent./km).

  • Para máis información: Servizo de Orientación Laboral. Concello de Curtis. 981789003 Ext. 2037
  • Para a inscrición: Forma-t, teléfono 982513605 ou no email Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.