Numeracion Curtis logos

O Concello desclasifica case 3 millóns de metros cadrados nos 143 núcleos rurais para potenciar o sector agrogandeiro

  • A Corporación da luz verde á modificación puntual nº 6 do PXOM xa cos cambios que foron estimados das alegacións e solicitudes presentadas.
  • O alcalde Caínzos lembra que este proceso, xa na súa fase final, da reposta as demandas veciñais recollidas no proceso de participación cidadá.

PXOMA Corporación de Curtis, cos votos a favor do PP e abstención de Asambleas Abertas, aprobou hoxe en Pleno de xeito provisional a modificación puntual nº 6 do PXOM xa cos cambios que foron estimados das alegacións e solicitudes presentadas á primeira proposta de modificación.

O proceso chega así a súa fase final co fin de delimitar os núcleos rurais e adecuar a clasificación do chan rústico, o que permitirá crecer ás explotacións agropecuarias e gandeiras.

O obxectivo do Goberno local é adaptar o Plan Xeral do ano 2007 á nova Lei do Solo, axustalo aos usos reais do chan e responder as necesidades e demandas manifestadas pola veciñanza no proceso previo de participación cidadá.

Segundo explicou o alcalde Javier Caínzos, con esta modificación do PXOM se axustarán os usos do solo á realidade social e económica do municipio, que sufriu grandes cambios na última década, ·pero tamén dan resposta ás peticións veciñais xa que nas consultas efectuadas previamente, máis do 50% dos propietarios aseguraron non ter previsión nin capacidade de cumprir cos deberes edificatorios establecidos na normativa urbanística”.

Destacou, ademais, que a desclasificación de case 3 millóns de metros cadrados nos 143 núcleos rurais permitirá impulsar ás explotacións agropecuarias e gandeiras, tal e como se foi explicando nas reunión veciñais que se mantiveron de xeito permanente durante todo o proceso.

Agora, o Concello remitirá a modificación á Xunta de Galicia, que disporá dun mes para as comprobacións e outros tres para resolver a súa aprobación definitiva.

A modificación aprobada recolle cambios propostos tanto nos informes sectoriais como no 63% das solicitudes presentadas durante o período de suxerencias aberto tras a aprobación inicial, no que se entregaron 160 alegacións. As mesmas incluían 264 solicitudes, das que se estimaron 167.

Desclasificación do solo

A modificación aprobada hoxe reduce un 1,8% a superficie de solo de núcleo rural respecto a fixada na primeira modificación do PXOM, pasando de 3.030.987 m2 a 2.975.488 m2, o que conleva unha diminución dun 2,2% nas parcelas incluídas nesta categoría, de 943 a 922, que se clasifican como solo rústico de especial protección.

A rebaixa tamén supón recortar a edificabilidade residencial prevista no PXOM de 808.602 m2 a 783.889 m2.

Ademais, redúcense en 1.762 m2 os sistemas xerais de espazos libres ao desaparecer un dos que estaba previsto no PXOM vixente situado no núcleo rural de Paradela pero, pola contra, aumenta en 2.645 m2 a superficie dos sistemas xerais de equipamentos.

Modifícanse tamén os equipamentos de cemiterios en canto a propiedade, os cales figuran como titularidade pública no actual PXOM, cambiando agora a titularidade privada (da Igrexa).

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.