Numeracion Curtis logos

Luz verde ao 25 de febreiro e ao 8 de setembro como festivos locais no 2020

pleno agosto 19A Corporación de Curtis deu luz verde en Pleno, por unanimidade, os días que serán festivos locais no 2020. Serán o 25 de febreiro (martes de Entroido) e 8 de setembro (día da Virxe dos Remedios e patroa de Teixeiro, capital do municipio).

Séguese así o mandatado pola Corporación para que os festivos se manteñan o 25 de febreiro e o 8 de setembro a non ser que coincidan en fin de semana, como pasou nos anos anteriores e nos que se fixou o Día da Muller Traballadora como festivo local para reivindicar o camiño que aínda queda por percorrer para acadar a igualdade.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.