banner narracion curta XIV

A terceira etapa da Volta Ciclista de Galicia sairá o día 21 de Teixeiro e chegará a Curtis tras percorrer 151 quilómetros

  • O alcalde presentou esta etapa co presidente da Federación Galega, o director deportivo da carreira e varios mozos e mozas do municipio.

volta 2019O alcalde de Curtis, Javier Caínzos, o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Javier Cajiao, e o director deportivo da Volta Ciclista a Galicia, presentaron a terceira etapa da competición, que terá o vindeiro día 21 a saída desde Teixeiro e a chegada a Curtis tras un percorrido de 151 quilómetros.

A presentación tivo lugar na Praza de España coa presenza de varios concelleiros do Goberno local e mozos e mozas ciclistas do municipio. Na mesma, púxose de relevo que o concello será a ligazón da costa do norte coa costa do sur a través da volta. Tamén destacouse a beleza dalgúns dos paraxes naturais de montaña que atravesará esta etapa.

O alcalde deu a benvida a esta etapa, na que participarán 19 equipos, e incidiu na importancia que para o Goberno Local ten o deporte, “unha das áreas que impulsamos desde hai anos para potenciar a vida saudable con actividades.

 

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.