Numeracion Curtis logos

Caínzos destaca en Hungría a importancia de coñecer mellor o fenómeno migratorio, "unha oportunidade para o rural"

  • O Concello de Curtis celebrou en Tar e Budapest o segundo ciclo de conferencias do proxecto europeo 'From Immigration to Integration', que organiza coa UE.

TarO alcalde de Curtis, Javier Caínzos, destacou na súa viaxe a Tar e Budapest (Hungría), no marco do segundo ciclo de conferencias do proxecto europeo 'From Immigration to Integration' impulsado polo Concello de Curtis, a necesidade de ampliar o coñecemento sobre o fenómeno migratorio, "de maneira que permita entender as diferenzas, deixando de lado os estereotipos, prexuízos e estigmatización de certos pobos e rexións".

O proxecto enmárcase na gran aposta do goberno curtiense para dar resposta á demanda dos distintos sectores económicos e de crecemento do municipio para fixar poboación no rural. Por iso, o alcalde falou do fenómeno migratorio como unha oportunidade e destacou a importancia dos proxectos europeos "para dar resposta ás necesidades do rural galego, reactivando os distintos sectores e potencialidades".

O programa 'From Immigration to Integration' está integramente financiado pola Comisión Europea a través da rede de cidades' 'Europa para os Cidadáns'. No mesmo involucrouse a máis de 100 participantes procedentes dos 13 países participantes: Hungría, Eslovaquia, Romanía, Letonia, Lituania, Francia, Portugal, Alemaña, Malta, Chipre, Grecia e España.

Os asistentes ás diferentes conferencias disertaron sobre:

  • 'Euroescepticismo e Racismo', impartida por un ex membro da FAO e Unesco.
  • 'Mercado de Traballo para os inmigrantes', taller dirixido pola experta en materia de emprego e cooperación transfronteiriza Hungría-Eslovaquia, Ildiko Sándor.
  • '7 anos en Hungría', experiencia de vida compartida por Bánfi Salgues Ruth Ann, emprendedora de orixe filipina asentada en Tar, (Hungria).
  • 'Unha fotografía real da emigración no Mediterráneo', por Johan Mula, oficial de aduanas en Malta e alcalde de Safi (Malta).
  • 'A UE, unha oportunidade para a migración entre cidadáns comunitarios', por Marios Efthymiou.

As xornadas, que reuniron a unha alta participación de representantes de distintas administracións, veciños e novos, celebráronse no Municipio de Tar e no Liceo San Ladislao dei Köbánya.

O proxecto que se marca como obxectivo reflectir as causas do rexeitamento social e cultural das migracións, tanto internas como externas, mediante visitas de estudo, seminarios ou mesas redondas, a entidades locais, sociais e culturais e a asociacións ou grupos de voluntarios causo unha gran impresión, implicación e participación.

Entre os diferentes representantes que asistiron ás xornadas, atopábanse 7 alcaldes de distintos países, cos que o rexedor mantivo reunións de traballo. Igualmente, inauguraron as sesións dous deputados nacionais pola provincia de Nograd no Parlamento de Hungría.

A destacar, un grupo de mozos de Hungría que cursan estudos de español, aos que Caínzos animou a participar nos programas de voluntariado europeo, a través dos cales distintos mozos xa realizaron estas funcións nos últimos anos no Concello de Curtis.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.