banner cultura 2019 1

Javier Caínzos pide á Deputación celeridade na contratación das obras de mellora da calzada da Avenida Principal

  • Advirte de que o mal estado desta vía supón un risco para a circulación.

Foto Av. PpalA Deputación da Coruña investirá 93.000 euros en mellorar o estado de todo o forme da calzada da Avenida Principal de Curtis, atendendo así a unha petición reiterada do Concello de Curtis, que agradece á institución provincial esta actuación.

O alcalde de Curtis, Javier Caínzos, pide agora celeridade na contratación á Deputación, administración que titular da vía, "porque o mal estado desta vía supón un risco para a circulación". Lembra tamén que a situación é insustentable porque o paso dos vehículos, e en especial o dos camións, provocan ruídos e vibracións nesta arteria principal do pobo que chegan mesmo a afectar o soño dos veciños.

O Concello enviara en varias ocasións informes técnicos e fotográficos á Deputación sobre o estado da estrada, ligazón da A-6 con Santiago, no que se denuncian fisuras no formigón, roturas e gretas nas xuntas, desgaste na capa de rodaxe e mala ou nula sinalización nas zonas de aparcadoiro, así como o borrado dos pasos de peóns.

Queixas desde o ano 2015

A Deputación coruñesa é consciente desta situación desde o ano 2015, cando realizou obras de mellora pero que xa foron moi polémicas pola súa mala execución, tanto pola incomodidade que causou que a empresa actuase sen cumprir coas súas obrigacións de seguridade e limpeza como pola parte técnica, xa que o Goberno local advertiu entón que a calzada se volvería a atopar en mal estado en pouco tempo, como así foi.

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.