Numeracion Curtis logos

Acto de irmandade do Concello de Curtis en Italia

  • Hoxe asinarase o protocolo con alcaldes de Bulgaria, Italia, Eslovaquia, Letonia e Malta.
  • O obxectivo do proxecto é establecer unha asociación sólida e duradeira, co fin de crear unha rede de colaboración e intercambio de experiencias

irmandamento italiaO Concello de Curtis participa no ‘Pacto de irmandade’, que se asinará hoxe en Furci Siculo en colaboración con municipios de Bulgaria, Eslovaquia, Letonia e Malta.

A iniciativa presentouse onte na cámara do consello de Furci en presenza do alcalde de Curtis, Javier Cainzos, o rexedor de Furci Siculo, Matteo Francilia, os concelleiros Giovanni Catania e Rosanna Garufi e os primeiros cidadáns Elina Stapulone (Municipio de Prirkuli, Letonia); Ivan Ivanov (Letnitsa, Bulgaria); Jorge Grech (Zabbar, Malta); e Občianske Združeni (Milvus, Eslovaquia).

Na comitiva curtiense tamén estaban as concelleiras de Deportes, Carmen Cernadas, a de Servizos Sociais, Marta Barreiro, e unha técnica.

O Concello de Furci Siculo, recibiu a aprobación da Axencia Executiva - Eacea da Comisión Europea, do proxecto ‘Somos europeos! O noso futuro é Europa’, relacionado co programa da Unión Europea para os cidadáns.

O obxectivo do proxecto é establecer unha asociación sólida e duradeira, co fin de crear unha rede de colaboración e intercambio de experiencias que poida constituír un achegue de crecemento para fortalecer o concepto de cidadanía activa e democrática.A intención é alentar aos cidadáns a contribuír activamente á integración europea e desenvolver o diálogo intercultural, o entendemento mutuo e o apoio aos valores fundamentais europeos.

O proxecto ten como obxectivo intercambiar boas prácticas e fortalecer a cooperación entre as administracións locais e os representantes da sociedade civil, apoiando o diálogo estruturado entre os responsables políticos e os cidadáns para contribuír ao desenvolvemento social europeo, cun enfoque participativo de abaixo cara arriba.

Ademais do irmandamento, a visita incluirá un amplio plan de actividades, visitas ao territorio, seminarios e debates sobre diferentes temas.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.