Numeracion Curtis logos

Reportaxe final do acto de irmandade en Furci Siculo no que participou Curtis

diplomasO Concello de Curtis participou no ‘Pacto de irmandade’ celebrado en Furci Siculo en colaboración con municipios de Bulgaria, Eslovaquia, Letonia e Malta.

Ao acto acudiron os representantes dos municipios que se irmandaron, o  alcalde de Curtis, Javier Cainzos, o rexedor de Furci Siculo, Matteo Francilia, os concelleiros Giovanni Catania e Rosanna Garufi e os primeiros cidadáns Elina Stapulone (Municipio de Prirkuli, Letonia); Ivan Ivanov (Letnitsa, Bulgaria); Jorge Grech (Zabbar, Malta); e Občianske Združeni (Milvus, Eslovaquia).

A iniciativa, impulsada polo Concello de Furci Siculo, recibiu a aprobación da Axencia Executiva - Eacea da Comisión Europea, do proxecto ‘Somos europeos! O noso futuro é Europa’, relacionado co programa da Unión Europea para os cidadáns.

O obxectivo do proxecto é establecer unha asociación sólida e duradeira, co fin de crear unha rede de colaboración e intercambio de experiencias que poida constituír un achegue de crecemento para fortalecer o concepto de cidadanía activa e democrática.A intención é alentar aos cidadáns a contribuír activamente á integración europea e desenvolver o diálogo intercultural, o entendemento mutuo e o apoio aos valores fundamentais europeos.

A comitiva curtiense que acudió a Furci Siculo tivo ocasión de coñecer iniciativas de especial interés económico da zona, así como a súa cultura e historia. Tamén participaron en outros actos, como a festividade do Rosario patroa local de Furci Siculo, acudindo á procesión que presidiu o bispo de Mesina e o alcalde do municipio ademais de todos alcaldes asinantes do pacto de Irmandamento de pobos e cidades. 

  • Plantilla: pdf
  • Descrición do proxecto pdf

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.