banner cultura 2019 1

O Concello de Curtis acorda a primeira Relación de Postos de Traballo da súa historia

O alcalde destaca o compromiso do Goberno local cos empregados públicos ao regularizar ao persoal municipal de carácter permanente.

rptO Concello de Curtis aprobou na mesa de negociación a primeira RPT da súa historia, "o que que supón a regularización de todo o persoal municipal de carácter permanente e un compromiso do goberno local feito realidade", segundo aseverou o alcalde Javier Caínzos.

A Relación de Postos de Traballo inclúe todas as prazas de Persoal Funcionario e de Persoal Laboral, 53 en total, consideradas estruturais na Organigrama do Concello. Queda fóra o SAF, no que puntualmente e por necesidades do servizo se contemplan 10 das 18 prazas.

O custo para o Concello ascenderá a 162.028,72 euros máis a seguridade social. Todos os traballadores manterán o nivel salarial e respectaranse os dereitos retributivos adquiridos e consolidados. A RPT terá un carácter dinámico e revisable,

Tras longas negociacións, acordouse a RPT co voto a favor de CSIF e a abstención de UGT. O alcalde agradeceu a colaboración dos representantes sindicais. "Incluímos as suxestións expostas, excepto aquela que levaban trabas legais ou económicas, pero foi unha negociación canalizada", sostivo.

Os sindicatos agradeceron a boa disposición do concello e recoñeceron o traballo efectuado.

O seguinte paso é aprobar o documento de RPT e incluílo nos orzamentos de 2020.

 

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.