banner narracion curta XIV

Bono cuidado extraordinario a la dependencia

Normativa

Orde do 11 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas económicas ás familias de persoas usuarias de centros de atención diúrna de persoas maiores e con discapacidade durante a situación de suspensión deste servizo como consecuencia do COVID-19, a través do Bono coidado extraordinario á dependencia  BS900B. (DOG nº 114-bis do 12/6/2020)

Obxecto

Concesión de axudas económicas para compensar os seguintes gastos, dende a suspensión da actividade dos centros de día ou ocupacionais aos que acudía a persoa usuaria que comezou o día 16 de marzo de 2020, e ata que se levante a devandita suspensión:

A. Modalidade de contratación dun servizo de axuda no fogar, de gastos derivados da contratación ou ampliación de xornada de persoas coidadoras, e de compensación pola diminución de ingresos por acollerse a unha excedencia ou redución de xornada. A axuda terá un importe máximo de 500 €/mes. A contratación dun SAF, deberá realizarse cunha entidade inscrita no RUEPSS que teña autorizado un programa de axuda no fogar.

B.  Modalidade de contratación de servizos de estimulación física e/ou cognitiva. A axuda terá un importe máximo de 100 €/mes. Entre estes servizos están os de rehabilitación funcional, fisioterapia, logopedia, terapia ocupacional, estimulación cognitiva, estimulación sensorial, atención psicomotriz, atención psicolóxica, atención neuropsicolóxica, atención psiquiátrica, rehabilitación psicosocial ou atención pedagóxica. A entidade prestadora destes servizos deberá estar inscrita no RUEPSS.

As dúas modalidades son compatibles, isto é, as persoas beneficiarias poden solicitar una delas ou as dúas.

Persoas beneficiarias

As persoas familiares que subscriban un contrato para a prestación do SAF ou un contrato ou ampliación doutro existente cunha persoa coidadora, ou que soliciten unha excedencia ou redución de xornada para atender ás persoas usuarias de centros de día de maiores e de centros de día específicos de alzheimer, e de centros de día ou ocupacionais de persoas con discapacidade, autorizados e inscritos no RUEPSS, cuxa actividade está suspendida como consecuencia da epidemia do coronavirus COVID-19; ou para a contratación de servizos de estimulación física e/ou cognitiva a estas persoas.

Documentación

Solicitude (Anexo I)
Solicitude tramitación en liña ou presencial 

  1. Copia do contrato de prestación de servizos ou pacto de asistencia asinado coa entidade titular do centro de día ou do centro ocupacional.
  2. De ser o caso, contrato asinado coa entidade prestadora do SAF.
  3. De ser o caso, contrato ou ampliación do contrato da persoa coidadora.
  4. De ser o caso, documento da Tesouraría Xeral da Seguridade Social (IDC, facilitado pola empresa) no cal se acredite a situación de redución de xornada ou excedencia durante o período polo cal se solicita a axuda. No caso de pertencer a sistemas de previsión social distintos ao da Seguridade Social (Muface, Isfas, Mugeju etc.), certificación en que se acredite a referida situación en papel oficial do organismo que emite o certificado debidamente selado e coa identificación da persoa responsable que certifica.
  5. De ser o caso, xustificante da contratación dos servizos de estimulación física e/ou cognitiva. No caso de non terse realizado aínda a contratación, esta documentación deberá de achegarse no prazo de 10 días dende a notificación da resolución ou perderase o dereito á axuda concedida.
  6. Declaración de que non incorre en inhabilitación para a concesión de subvencións e axudas, e que a persoa a coidar no domicilio era usuaria do centro de día ou do centro ocupacional con anterioridade á suspensión da súa actividade como consecuencia do COVID-19, segundo se sinala no anexo I. 

Lugar de presentación

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
  • Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo

Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Ata o 13 de xullo de 2020.

Pagamento e xustificación

O pagamento das axudas realizarase con periodicidade mensual, dentro dos 5 primeiros días de cada mes.

As persoas beneficiarias das axudas percibirán ata o 80 % da cantidade concedida en concepto de pagamento anticipado, con anterioridade á súa xustificación, que se fará efectivo a partir da notificación da concesión. O 20 % restante librarase unha vez xustificados os gastos. A percepción destes pagamentos, en concepto de anticipo, queda exonerada da constitución de garantías.

De conformidade coa natureza das axudas, realizarase un primeiro aboamento correspondente ao período comprendido entre o 16 de marzo de 2020, data na que foi efectiva a suspensión da actividade dos centros de día e dos centros ocupacionais, e a data de resolución das axudas.

Para xustificar as axudas presentarase, no prazo de 10 días a contar dende o levantamento da suspensión da actividade dos centros de día e dos centros ocupacionais, o anexo II xunto coas facturas ou documentos de valor probatorio equivalente do total dos gastos realizados xunto cos xustificantes bancarios ou recibos que acrediten o seu pagamento, segundo o establecido no artigo 42 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

ImagenDOG

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.