Numeracion Curtis logos

O CONCELLO DE CURTIS XA FORMA PARTE DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE DIRECCIÓN XERAL DE TRÁFICO E A FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS

  • A xefa provincial de Tráfico da Coruña, María Antonia Gómez Dobarro, e o alcalde de #Curtis Javier Caínzos asinaron este convenio de colaboración.

O acordo permitirá a todos as veciñas e veciños do concello tramitar dende as oficinas municipais o cambio de domicilio do seu permiso de conducción e o permiso de circulación dos vehículos que posexan.

Ata o momento os cidadáns do Concello de Curtis que cambiaban de domicilio, dentro do mesmo municipio ou noutro novo, debían acudir á Xefatura Provincial de Tráfico para efectuar estes cambios. Con este convenio evitase o desplazamento innecesario á Xefatura Provincial de Tráfico e os trámites realizaránse dende as oficinas municipais.

De forma paralela, a firma deste convenio permite unha maior actualización dos Rexistros de Conductores e Vehículos, mellorando á súa vez os servizos de xestión tributaria así como as notificacións como consecuencia do procedemento sancionador cun maior grado de certeza.

Ademais queremos aproveitar para informar de que xa está dispoñible a aplicación móbil “miDGT”, que permite a calquera conductor ou titular dun vehículo levar tanto o permiso de conducción como o resto de documentación do vehículo no móbil, así como facer algunha xestión administrativa.

Convenio DGT y Ayuntamiento de Curtis

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.