BASES CAMPAÑA DE APOIO AO COMERCIO E HOSTALERÍA LOCAL "O TEU POBO PREMIA"
O Concello de Curtis a través da Área de Promoción Económica reparte un total de 10.000€ en premios coa campaña "O teu pobo premia" .
Esta iniciativa, realizada en colaboración coas Asociacións de Comerciantes de Curtis e Teixeiro, “ten como obxetivo reactivar a economía local e fidelizar ós clientes dos establecementos locais. É unha acción máis dentro do noso plan de choque para paliar os efectos da crisis sanitaria que estamos a vivir” destaca o concelleiro da Área de Promoción Económica, José Barral.
A campaña consiste nun sorteo de 47 premios que contan cun valor total de 10.000€:
- 2 vales de 500€
- 45 vales de 200€
Canxeables nos establecementos do Concello de Curtis.
Consulta as bases completas da campaña na ligazón: Bases_O_TEU_POBO_PREMIA.pdf
