Numeracion Curtis logos

EXPOSICIÓN PÚBLICA DA MODIFICACIÓN Nº 2 DO PLAN PARCIAL DO SECTOR DO SUD-6

Con data do 24 de decembro do 2020 (DOG nº258) publicouse o ANUNCIO da aprobación inicial de la modificación número 2 del Plan parcial del sector del SUD-6. Curtis-Teixeiro, outorgando un prazo de dous meses para a exposición pública, contando dende o día seguinte a o da publicación do anuncio para que calquera interesado poida consultar dito expediente.

O Concello coa modificación o que pretende e reubicar a superficie destinada a albergar instalacións comerciais a unha zona máis próxima ao acceso actual do Polígono industrial dende a nacional 634 e a maiores tamén se aproveita para resolver outros problemas en canto a aplicación da normativa prevista no Plan Parcial en vigor, detectado nestes anos de vixencia coma son:

adecuar a ordenación prevista na parcela ocupada pola subestación de Fenosa
adecuar a ordenación prevista na parcela ocupada polos depósitos de abastecemento de agua municipais, así como posibilitar a súa necesaria ampliación para permitir a implantación dunha nova E.T.A.P
actualizar as ordenanzas de aplicación a lexislación urbanística en vigor, así
coma as novas necesidades e demandas actuais das industrias.

Con estas actuacións conseguirase mellorar a ordenación das dotacións públicas de servizos urbanos localizadas no polígono industrial, dar resposta ás necesidades actuais das empresas respecto dos procesos produtivos, loxística e almacenaxe e facilitar a posterior xestión urbanística dos desenvolvementos definidos, ademais de buscar unha solución sostible na súa tripla vertente: ambiental, social e económica.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.