Banner Narracion Curta XVI

A numeración de 5 núcleos do Concello de Curtis a exposición pública

Curtis, 19 de abril de 2021-. O Boletín Oficial da Provincia da Coruña anunciaba esta mañá a aprobación inicial da numeración dos núcleos de Outeiro, Brexería, Centeás, Padreiro e As Mingueiras.

O proxecto, levado ao pleno da corporación o 9 de abril de 2021, foi aprobado por unanimidade. Agora o expediente sométese a trámite de información pública mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia, taboleiro do Concello e web municipal por prazo de 20 días, a contar dende mañá, martes 20 de abril.

A finalidade é que calquera persoa física ou xurídica poida examinar o expediente e formular cantas alegacións, suxestións ou reclamacións considere oportunas.

Iniciase así un proceso que, tras o paso dado hoxe, continuará coa remisión da proposta ao Instituto Nacional de Estatística para a súa tramitación definitiva.

Con esta medida, preténdese levar a cabo unha identificación inequívoca de todas as edificacións numerables existentes (vivendas, terciarios, bens patrimoniais, edificios industriais, etc.) así como solos susceptibles de ser edificados nun futuro en base ás normativas existentes e solventar desta maneira a problemáticas á hora do reparto do correo, paquetería e da xestión municipal en xeral. 

ACCEDE AO PROXECTO DA NOVA NUMERACIÓN: Numeración do Concello de Curtis

Numeración Concello de Curtis

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.