Banner Narracion Curta XVI

CHEGAN OS CAMPAMENTOS DE VERÁN E ACTIVIDADES SAUDABLES AO CONCELLO DE CURTIS.

O Concello de Curtis abre o prazo de inscrición o vindeiro luns, 7 de xuño, dos campamentos “Concilia no Verán” e de “Actividades Saudables” que se desenvolverán en Curtis e Teixeiro.

  • O campamento "Concilia no Verán" desenvolverase en 4 quendas diferentes. Iniciarase o 23 de xuño e finalizará o 13 de agosto. Levarase a cabo en horario de 8:00h a 14:00h con opción de entrar ás 10:00h.
  • Pola súa parte, as “Actividades Saudables” que recollen actividades como atletismo, tenis, fútbol, olimpiadas, búsquedas do tesouro... terán lugar de 10:00h a 13:00h. As actividades comezarán o día 23 de xuño e finalizarán o 30 de xullo. Os cativos/as poden inscribirse en todas as actividades ou só nas que lles interesen. O número mínimo de participantes en cada actividade debe ser de 8 e un máximo de 25.

Tanto os campamento como as actividades saudables son GRATUÍTOS (salvo as posibles excursións que se poidan realizar. Estamos pendentes das medidas sanitarias para a súa confirmación).

Os rapaces/as empadroados/as no Concello de Curtis terán prioridade.

A data límite para inscribirse nos campamentos é o 17 de xuño e a das Actividades Saudables 2 días antes de cada actividade. 

Para inscribirte podes achegarte á oficina municipal de Curtis ou á Casa do Concello en Teixiero. Tamén podes descargar a folla de inscripción e rexistralo telemáticamente ou deixala nos buzóns das dúas oficinas municipais.​

Como non podía ser doutro modo, aplicaránse tódolos criterios hixiénico-sanitarios que establecen os protocolos oficiais do COVID-19 e adaptaránse as actividades a realizar, en función da evolución da pandemia, tendo en conta a posibilidade de realización dalgunha saída, excursión ou actividade externa para as que se solicitará autorización expresa.​

Se tes algunha dúbida chámanos ao 981 777 105 ou no 981 789 003.

Inscrición_campamento_verán_curtis.pdf

Inscricións_campamento_verán_Teixeiro.pdf

INSCRICIÓN ACTIVIDADES SAUDABLES CURTIS E TEIXEIRO 

Servizo de Atención Temperá 10 copy

 

 

 

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.