Numeracion Curtis logos

Inicianse as obras de ampliación e mellora dos equipos de tratamento da E.T.A.P da Ratona cunha inversión de 292.443 euros

Curtis, 9 de xullo de 2021-. O Concello de Curtis segue adoptando as medidas e obras necesarias para que a agua chegue aos veciños coa calidade óptima para o consumo. Así o anunciou esta mañá o alcade do municipio, Javier Caínzos, ao declarar que o vindeiro luns, 12 de xullo iniciaránse as obras de ampliación e mellora dos equipos de tratamento da ETAP da Ratona.

A actuación, que mellorará a calidade da auga, conta cunha inversión de 292.443 euros financiada con fondos propios.

Os traballos centraranse en implantar unha nova liña de depuración con equipos de preparación de reactivos a través de 5 tanques ademais da instalación dun novo depósito de oxidación, cambio da totalidade do material de filtración, bomba de impulsión de auga de lavado con novos filtros e un novo edificio de reactivos.

Ademais, realizaranse obras para reurbanizar a parcela onde se encontra dita ETAP cunha ampliación do pavimento asfáltico, construcción de aceras perimetrais, peche perimetral da parcela, portal de acesso ás instalacións, preinstalación de alumbrado exterior para oito puntos de luz e señalización horizontal.

O alcalde do municipio, Javier Caínzos tamén argumentaba esta mañá: “é unha prioridade do goberno local que a calidade da auga que chegua á billa de cada usuario sexa da calidade óptima e apta para o consumo”.

ETAP Ratona, Curtis - Teixeiro

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.