Banner Narracion Curta XVI

Touriñán e Perdomo encherán Curtis e Teixeiro de humor

  • Actuarán o venres 23 e domingo 25 de xullo na praza de Teixeiro e no recinto feiral.
  • As entradas estarán á venda nas oficinas municipais de Curtis e na casa do concello de Teixeiro a partir do martes 13 de xullo.

Curtis, 10 de xullo de 2021-. Os pobos de Curtis e Teixeiro encheránse de humor coas actuacións de Xosé A. Touriñán e David Perdomo. O primeiro actuará o venres 23 na praza de España en Teixeiro tras o éxito alcanzado no cine coa película Cuñados e no teatro con Fariña, e chegará disposto a ofrecer os seus mellores relatos. A Perdomo tocaralle dous días despois no recinto feiral de Curtis, quen vén de colaborar co humorista Dani Rovira na TVE. Ambos actuarán ás 21:00 horas.

Na mañá de hoxe a concelleira de Cultura, Igualdade e Educación Eva Lata explicaba que esta é unha aposta máis pola cultura segura: “a pesar da pandemia é posible que a cultura se manteña viva. Apostamos por uns rigorosos controis de acceso e aforo para poder disfrutar con seguridade de dúas noites cheas de humor que están dentro da nosa programación do verán cultural” destacaba.

Venda de entradas

As entradas estarán á venda a partir do martes, día 13 de xullo tanto nas oficinas municipais de Curtis como na casa do concello de Teixeiro. O prezo dunha entrada para empadroados será de 7€ por cada espectáculo, e o bono terá un custo de 10€. Os non empadroados disporán dun prezo único de 15,51€.

Monólogos Touriñán e Perdomo Curtis e Teixeiro

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.