Banner Narracion Curta XVI

Curso en Teixeiro sobre o novo regulamento para a produción de leite en ecolóxico

O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (C.R.A.E.GA.) e a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL) organizan unha serie de relatorios sobre o novo Regulamento de produción ecolóxica (UE) 2018/848, aplicable a partir de xaneiro de 2022.

Estes serán impartidos pola empresa Agronovo durante os meses de setembro e outubro. O obxectivo desta actividade é dar a coñecer esta nova normativa en produción animal (bovino, avícola, ovino-cabrún, apícola e porcino), e tratar a pegada de carbono e o mercado dos produtos ecolóxicos.

Os primeiros cursos que se impartirán serán sobre “Vacún de leite ecolóxico”. En concreto o vindeiro día 16 de setembro realizarase en Curtis en horario de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 18:00 horas.

Estes cursos son totalmente gratuítos, están abertos a calquera tipo de interesados, que deberán cubrir unha ficha, dispoñible en http://ir.gl/036af2

O curso celebrarase en xornada única, dun total de 7 horas de duración, con contido teórico en sesión de mañá, e contido práctico en sesión de tarde, con visita a explotacións ecolóxicas. Este novo regulamento simplificará as normas de produción.

Ademais, garantirá unha competencia leal para os agricultores e evitará o fraude ós consumidores. Cabe destacar que a formación técnica nesta nova normativa resulta imprescindible para o correcto desenvolvemento e consolidación do desenvolvemento agroalimentario ecolóxico.

Edificio Usos Múltiples Teixeiro

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.