Banner Narracion Curta XVI

O sarxento da Casa Cuartel de Curtis despídese do municipio despois de 3 anos de servizo.

 
O alcalde de Curtis, Javier Cainzos, recibiu na Casa Consistorial en Teixeiro ao sarxento da Casa Cuartel de Curtis, Roberto Rodríguez Morais tras a comunicación da súa marcha con motivo do último concurso de traslados.
 
Na reunión fíxose unha análise do seu percorrido nestes últimos tres anos onde se trataron asuntos de seguridade cidadá.
 
As actuacións levadas a cabo e as diferentes incidencias foron o fío principal do encontro así como a coordinación dos servizos que se prestan entre ambas administracións.
 
O rexedor do municipio quixo agradecerlle todo o traballo realizado no Concello para salvagardar a orde e a convivencia dende a Casa Cuartel da Garda Civil de Curtis, coa que, como indicou “hai un espíritu de colaboración continuo que non debe deixar de existir no futuro polo ben da cidadanía” Ademais desexoulle "un futuro enriquecedor" no seu novo destino: Abegondo.
 
O 15 de setembro farase efectiva a súa marcha e o seu posto será cuberto ao igual que outras dúas prazas.
 
IMG 0420

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.