Numeracion Curtis logos

Vinte e catro persoas fórmanse nunha xornada sobre o aproveitamento dos castiñeiros no Concello de Curtis

Curtis, 24 de setembro de 2021-. O Salón do Recinto Feiral de Curtis acolleu onte unha xornada informativa sobre o aproveitamento dos castiñeiros.

Manuel López Pérez, secretario da Indicación Xeográfica Protexida da Castaña de Galicia foi o encargado de expoñer o proceso comercial da castaña, ademais de analizar as distintas variedades deste froito así como orientar as plantacións aos mercados actuais.

Unha acción formativa moi demandada por propietarios de terras para la plantación de soutos así como para a producción de castañas no Concello de Curtis.

A xornada foi aberta a todos os interesados ainda que dirixida en especial a persoas vinculadas a nivel profesional coa producción de castañas, a agricultura, gandería e o sector forestal. A iniciativa é impulsada pola Conselleria de Medio Rural a través de Agacal e a Identificación Protexida da Castaña e no que colabora o Concello de Curtis.

Na mañá de onte o alcalde do Concello de Curtis, Javier Caínzos, explicaba a importancia desta xornada: “o Concello de Curtis, que se enmarca dentro da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, ten a clara intención de incluir al municipio como zona produtora de castañas con Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Castaña de Galicia co obxetivo de que a castaña do Concello de Curtis sexa distinguida pola súas diferencias de calidade e peculiaridades organolépticas derivadas da súa localización xeográfica”.

Ademais engadía: “A reactivación e o asentamento no rural farémolo realidade fomentando, apoiando e impulsando a implantación de distintas actividades económicas. Somos conscientes de que moitos propietarios de terras do Concello de Curtis están interesados na plantación de soutos polo que queremos proporcionarlles toda a formación e axuda posible neste campo”

Formación Castaños

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.