Banner Narracion Curta XVI

Seis camións cisterna abastecen de auga potable aos núcleos de Curtis e Teixeiro

  •  En Teixeiro as cisternas atópanse en Praza de España, no colexio de Teixeiro e na Praza da Estación. En Curtis, na Praza Compostela, no colexio de Curtis e no Campo da Feira.
  • A partir de esta tarde e ata novo aviso, a auga da rede, salvo a subministrada ó Polígono Industrial de Teixeiro, non terá a consideración de potable e, por tanto, non será apta para o consumo humano.

Na tarde do mércores o telecontrol da estación de tratamento de auga potable de A Ratona, en Curtis (A Coruña), detectou unha baixada repentina dos valores de cloro libre residual nos depósitos de cabeceira. Como consecuencia, procedeuse a paralizar a ETAP mentres se sometían a análises en laboratorio mostras anteriores e posteriores á captación, así como auga da saída dos depósitos.

Comprobada a elevada presenza de amonio na auga, algo indicativo dun vertido de xurros no río, os depósitos foron pechados para a súa limpeza e a rede foi baleirada para evitar o consumo. Continuarase analizando a auga do río de maneira constante ata que se rexistren valores compatibles coa potabilización.

A partir do xoves e ata novo aviso, subministrarase auga NON POTABLE, e por tanto, NON APTA PARA O CONSUMO HUMANO, debido á previsión de que as condicións do río como consecuencia do vertido producido non mellorarán a curto prazo, podendo verse incluso agravadas de confirmarse a advertencia de próximas chuvias.

A excepción da potabilidade da auga subministrada ao Polígono Industrial de Teixeiro é debida a que se abastece dunha rede independente, que colle a auga do río Mandeo que non se veo afectado polo vertido e potabilízase na ETAP situada no propio Polígono Industrial.

Mentres dure esta situación, cisternas de auga potable darán servizo aos núcleos de Curtis e Teixeiro. En Teixeiro as cisternas atópanse en Praza de España, no colexio de Teixeiro e na Praza da Estación. En Curtis, na Praza Compostela, no colexio de Curtis e no Campo da Feira.

Todos os veciños que o necesiten poden acudir con recipientes a recoller auga.

Cisterna Curtis copy copy

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.