Banner Narracion Curta XVI

Continúan os traballos para recuperar o suministro de auga potable no Concello de Curtis

Venres 1 de outubro de 2021-. Dende a tarde-noite do pasado mércores a empresa que xestiona o abastecemento municipal de agua potable no Concello de Curtis e operarios municipais traballan por solventar os problemas de abastecemento tras os vertidos de purín no lugar de A Lagoa (Fisteus).

Continúase realizando control analítico de auga bruta e tratada na ETAP, ata que a melloría da calidade da auga do río Carballido permita a súa potabilización completa.

Ademais desta actuación, na madrugada de hoxe - en concreto ás 3:42 horas- os operarios municipais e a empresa que xestiona o abastecemento remataban coa instalación dos últimos 700 m de tubería (con diámetro de 160 e 16 atmósferas) que conectan os depósitos do Polígono de Teixeiro e o Outeiro. 

Con este traballo conséguese o abastecemento de auga no pobo de Teixeiro mentres non se recupere a zona de captación do Río Carballido.

Polo tanto, tanto Teixeiro coma Curtis contan nestes momentos con auga pero NON POTABLE e polo tanto, non apta para o consumo humano.

Recordamos que se encontran tres camións cisterna ubicados en Teixeiro para dotar de auga potable a todos os veciños que se acheguen.

Espérase que en Curtis os tres camións cisterna estén xa dispoñibles ao longo desta mañá. 

243540369 2021566508003425 9133361755923149551 n

 

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.