Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis celebrará a XVI Exaltación dos Cogomelos con propostas gastronómicas e culturais

  • 19 establecementos de Curtis e Teixeiro participarán na ruta gastronómica.
  • Teixeiro convertirase no epicentro para os aficionadas á micoloxía.

O Concello de Curtis, a través da Área de Promoción Económica, celebrará os próximos 30, 31 de outubro e 1 de novembro a xornada de Exaltación do Cogomelo de Teixeiro, unha das citas máis populares relacionadas cos fungos. Este encontro lévase realizando dende 1999 e este ano alcanza a súa XVI tras un ano de parón pola COVID-19.

Durante ese fin de semana, este municipio da montaña coruñesa convertirase no epicentro dos aficionados á micoloxía e dos amantes da gastronomía relacionada con este produto, para os que se ofertan diversas propostas gastronómicas e culturais.

O pistoletazo de saída terá lugar o sábado 30 ás 10:30 horas cunha saída dende a praza de España (sita diante da Casa do Concello en Teixeiro) ó monte para a recollida de cogomelos por un experto en micoloxía da Asociación Pan de Raposo. Para asistir a esta saída será necesaria a inscrición previa chamando ao Concello a través do 981 777 105 ou 981 789 003.

Xa o día seguinte, domingo 31, realizarase unha exposición de cogomelos de outono na Praza de España (diante da Casa do Concello) ao que lle seguirá un percorrido polas rúas do pobo de Teixeiro a cargo do grupo de música Garatuxeiros e de seguido a ruta gastronómica polos locais de hostalería.

A ruta acolle 19 establecementos hosteleiros de Curtis e Teixeiro que decidiron participar este ano e que ofrecerán aos seus clientes unha especialidade de tapa preparada a base de cogomelos.

Dende o Concello vense de editar unha guía na que se recollen as distintas posibilidades de ruta saltando de tapa en tapa e de local en local degustando diferentes ofertas gastronómicas.

A ruta gastronómica extenderase tamén ao luns día 1.

 

  • Os especialistas:

José Manuel Castro Marcote e José María Trava Velay, presidente e vicepresidente da Asociación Pan de Raposo son coautores de dous libros sobre as setas: 'Cogumelos de Galicia e do Noroeste peninsular' e '500 cogomelos do litoral atlántico e noroeste peninsular'.

José María Costa Lago, tamén socioda mesma asociación colaborou con eles -no apartado de etnomicoloxíano libro '500 cogomelos do litoral atlántico e noroeste peninsular'.

Consulta o triptico coa guía dos locais de hostalería participantes: TRIPTICO_FEIRA_DO_COGUMELO_2021.pdf

Exaltación dos Cogomelos Teixeiro

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.