Banner Narracion Curta XVII

1.360.000€ costará a rotonda de acceso ao polígono de Teixeiro

  • O convenio será levado mañá, 11 de outubro a sesión plenaria ordinaria.
  • ·A obra é coofinanciada por Carreteras do Estado, Sepes e o Concello de Curtis.

Curtis, 11 de outubro de 2021-. A ocupación actual e a actividade que se desenvolve no polígono industrial Curtis – Teixeiro demanda a urxente dotación dun novo acceso á área industrial a través dunha rotonda. Por este motivo, o alcalde do municipio, Javier Caínzos, levará mañá a pleno un convenio entre Carreteras do Estado, Sepes e o Concello de Curtis para dotar dunha rotonda a este polígono dende a carretera nacional N-634.

O obxetivo é facilitar a fluidez do tráfico e as circulacións interiores á vez que aumentar a seguridade vial na zona.

O convenio recolle que esta execución terá un custo de 1.360.000€ dos cales 60.000 euros destinaránse á adquisición de terreos; 100.000 euros a estudos, planos, proxectos e documentos técnicos e 1.200.000 euros para a execución das obras.

Neste convenio tamén se recolle que o Concello de Curtis se compromete á cesión temporal ou definitiva de todos aqueles suelos de titularidade municipal que sexan necesarios para a execución das obras e o resto dos solos serán adquiridos por parte do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.

O coste da adquisición de todos os terreos necesarios será sufragado polo concello ata a cantidade máxima de 60.000€.

No acordo plenario de aprobación deste convenio, recollerase expresamente o compromiso municipal de asumir o coste correspondente e a súa conseguinte consignación nos orzamentos anuais.

Finalizadas as obras, o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana farase cargo das partes que deban ser da súa titularidade, cedendo ao Concello de Curtis, urbanizadas e libres de cargas, as que deban pasar a titularidade municipal.

245304463 2028706613956081 2403432681575237961 n 1

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.