Banner Narracion Curta XVII

Curtis acollerá a primeira feira de exposición de Playmobil en Galicia

Os aforos están a ser limitados pola COVID pero isto non impedirá a reunión de centos de bocecos de Playmobil no Recinto Feiral de Curtis a través da primeira feira de exposición de Playmobil que se realiza en Galicia.

A actuación, impulsada por AESCLICK (Asociación Española de Coleccionistas Playmobil) e na que colabora a Área de Cultura do Concello de Curtis, terá lugar os días 5,6 e 7 de novembro.

A entrada será gratuíta e os asistentes poderán disfrutar dun mercado con 40 metros de expositores onde estarán á venda centos destes xoguetes. Ao mesmo tempo que o mercado, tamén se realizará unha gran exposición: catro dioramas de oito metros cadrados cada un e con diferentes temáticas ocuparán o Salón do Recinto Feiral de Curtis.

A mediados de novembro tocaralle o turno a Teixeiro xa que se realizará unha exposición permanente no Centro Etnográfico que se irá modificando na periocidade de catro meses e estará dispoñible durante un ano.

Sobre a Asociación:

AESCLICK (Asociación Española de Coleccionistas Playmobil) é unha asociación sen ánimo de lucro de siareiros e apaixoados polos clicks que se uniron para fomentar os valores deste xoguete como ferramenta pedagóxica e como vehículo para diferentes accións solidaria.

248530074 2040631859430223 8864091286651393069 n

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.