Banner Narracion Curta XVII

O Concello de Curtis lanza o XVII Premio de Narración Curta do Concello de Curtis

  • Ñam, relato gastronómico”, é o título elexido para a convocatoria deste ano.
  • Repartiranse un total de 2.700 euros en premios.
  • Como novidade este ano ofrecerase un premio local.

A concellaría de Cultura do Concello de Curtis vén de publicar as bases para o XVII Premio de Narración Curta do Concello de Curtis que este ano recibe o título “Ñam, relato gastronómico”.

Nesta ocasión trátase de realizar un relato no que a comida sexa o motor principal. Tal e como se publica nas bases, os participantes poden falar desa receita especial, da vida vegana, dun churrasco de domingo, dun banquete inesquecible, do posto ese da praza de abastos, unha carta de amor á túa comida favorita, un pícnic… do que queiran pero sempre e cando a comida sexa clave no escrito.

Os interesados en participar deben enviar a peza a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. antes do 25 de abril de 2022.

Establecense dúas categorías: categoría A (a partir dos 12 anos) e categoría B (dos 18 anos en diante).

Os premios serán en metálico e establecéronse dous por cada categoría:

  • Categoría A: 1º premio de 400 euros -2º premio de 200 euros e premio local de 400 euros.
  • Categoría B: 1º premio de 700 euros -2º premio de 300 euros e premio local de 700 euros.

Como novidade este ano estabécese un premio local, que estarán reservados a participantes vinculados co Concello de Curtis por nacemento, residencia, estudo ou relación laboral con empresas ou centros con sede física no termo municipal.

O resto de premios están dirixido a persoas de calquera procedencia.

Algúns dos requisitos que deben cumprir os relatos que se presenten a este certame son: estar escritos en lingua galega e non premiados en ningún outro certame así como contar cunha extensión comprendida entre os 3000 e os 5000 caracteres (espazos incluídos).

CONSULTA AS BASES AQUÍ: BASES_ÑAM_CERTAME_GASTRONÓMICO.pdf

PARA WEB

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.