Banner Narracion Curta XVII

O Concello de Curtis inicia o desenvolvemento urbanístico APE-4 do Plan Xeral que intervén no núcleo de Teixeiro.

Os tempos avanzan e con eles é necesario que acompañen as accións dende os organismos públicos, entre eles os dos concellos, con actuacións que den respostas ás demandas e necesidades de cada municipio e revaloricen, melloren e den calidade de vida en espazos onde viven os veciños, xerando novos espazos públicos para os habitantes, tanto espazos libres, parques e xardíns, como parcelas para ubicar os equipamentos necesarios para os servizos municipais.
 
"Sen o desenvolvemento dos solos previstos no Plan Xeral non hai avance no Concello de Curtis, nin zonas para novas edificacións, nin novos solos públicos para zonas verdes e equipamentos" son as palabras do alcalde do Concello de Curtis, Javier Caínzos, en relación a un novo desenvolvemento urbanístico que se prevé por iniciativa do Concello, polo sistema de Cooperación previsto na lei do solo de Galicia.
 
O Concello de Curtis inicia así o desenvolvemento urbanístico do denominado APE-4 do Plan Xeral, un ámbito de solo urbano non consolidado incluido na Modificación Puntual do Plan Xeral número 1 promovido polo Concello e aprobado. Dito ámbito está situado no núcleo urbano de Teixeiro, ao ESTE do edificio consistorial, cunha posición céntrica que xerará novos espazos públicos para o disfrute xeral, completando o viario existente e mellorando a urbanización xeral do entorno da Casa do Concello e o dos equipamentos cercanos.
Con esta actuación, os propietarios do solo serán os que afrontarán os costes da actución, compensándose os costes de urbanización coa xeración e adxudicación de solares edificables aos que terán dereito de forma proporcional ao chan incluido na actuación.
 
O sábado día 12 de febreiro convocouse unha reunión cos veciños afectados pola actuación, no Edificio de Usos Múltiples de Teixeiro para explicar, dende o Concello e conxuntamente co equipo redactor encargado dos traballos para elaborar o Proxecto de Reparcelación, o procedemento a seguir na actuación, os prazos estimados e os costes asociados, para que cada veciño soubese de forma anticipada os pasos que vai a seguir o consistorio para chegar a conseguir un espazo urbano de calidade no entorno do CEIP de Teixeiro, a piscina municipal, a escola infantil, o pavillón polideportivo e a casa consitorial.
 
O ámbito conta cuns 24.000 m2 de superficie, dos que casi 5.000 m2 serán destinados a espazos libres - zonas verdes, e 6.000 m2 de superficie para novos equipamentos en colindancia cos xa existentes. Destinaranse así mesmo 1.500 m2 a novos viarios e zonas de aparcamento e ubicaranse solares para vivendas nunha tipoloxía de vivenda colectiva de planta baixa, tres plantas altas e baixo cuberta.
 
Todo esto suporá unha mellora da zona, transformando parcelas urbanizables, pegadas ao centro urbano, nunha zona nova urbanizada de calidade na que se poderá construir novas vivendas para os demandantes, algunhas delas en réxime de vivenda protexida.
 
 
274217399 2127649744061767 7225056655952708576 n

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.