Numeracion Curtis logos

A CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES, ASINA UN CONVENIO DE COLABORACIÓN CO CONCELLO DE CURTIS PARA LEVAR A CABO OBRAS DE REHABILITACIÓN E MUSEALIZACIÓN DA CASA DE MARIA ANTONIA DANS

Esta mañá, o Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, e o Alcalde de Curtis asinaron un convenio para o financiamento das obras de rehabilitación e musealización da casa da pintora María Antonia Dans.

As actuacións supoñen orzamento de 449.248,80 €, dos cales a Consellería financiará 250.000 € e o resto finaciarase con fondos propios municipais.

Esta colaboración permitirá sumar unha nova alternativa cultural e artística no rural e recuperar unha parte do patrimonio histórico de Curtis.

A visita asistiron as concelleiras de Cultura e Voluntariado, Eva Lata e Carmen Cernadas, e o concelleiro de Obras, Emerxencias e Servizos, Emilio Souto.

Tamén se contou coa presenza dos veciños que traballaron en colaboración co Concello de Curtis para facer posible a adquisición deste ben patrimonial.

Os obras iniciaranse nos próximos días e estarán rematadas no primeiro trimestre do 2023.

 

1

5

4

2

3

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.