Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis lanza o XVIII Premio de Narración Curta do Concello de Curtis

 Inventa un mundo, unha fantasía de certame!” é o título elexido para o XVIII Certame de Narración Curta do Concello de Curtis convocado pola área de Educación e Cultura e que coordina a artista galega Lucía Aldao e co que se repartirán un total de 2,700 euros en total.

Este certame, que se leva celebrando 17 anos vén a consolidarse como un dos certames literarios máis célebres da zona.

Os interesados en participar deben enviar a peza a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. antes do 30 de xuño de 2023. O certame está dirixido a persoas de calquera procedencia a excepción dos premios locais, que estarán reservados a participantes vinculados co Concello de Curtis por nacemento, residencia, estudo ou relación laboral con empresas ou centros con sede física no termo municipal.

Os traballos presentados deberán estar escritos en lingua galega e os textos deberán ser orixinais, inéditos, e non premiados en ningún outro certame. Ademais deberán contar cunha extensión comprendida entre os 3.000 e os 5.000 caracteres (espazos incluídos).

Establécense dúas categorías: categoría A (dos 12 anos aos 17 anos) e categoría B (dos 18 anos en diante) e tres premios en metálico para cada categoría. 

CONSULTA AS BASES NA SEGUINTE LIGAZÓN: BASES_CERTAME_NARRACIÓN_CURTA.pdf

CARTEL PARA REDES

 

 

 

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.