Numeracion Curtis logos

A Xunta de Galicia e o Concello de Curtis demandan ao Goberno de España solucións para que os déficits de persoal na sanidade das prisións non sobrecarguen ao persoal do Sergas

Quixemos estar hoxe aquí escoitando ao persoal do centro de saúde e do PAC de Teixeiro, que nos trasladou hai uns días unha problemática importante de sobrecarga de traballo derivada da falta de cobertura sanitaria que está a sufrir o centro penitenciario de Teixeiro, e que tamén nos trasladou o alcalde”. Así o manifestou hoxe o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na súa visita ao centro de saúde de Texeiro. En concreto,persoal médico tivo que desprazarse varias veces ao cárcere para atender a persoas reclusas pola ausencia de facultativos na prisión.
 
Na visita, o titular da carteira sanitaria estivo acompañado polo alcalde do Concello, Javier Caínzos; pola directora do 061; Adriana Regueira; e polo xerente da área sanitaria, Luis Verde. Tamén estiveron presentes no acto os alcaldes de Concello de Aranga e Concello de Vilasantar.  
 
Comesaña reuniuse co persoal do centro para explicarlles as medidas que a Xunta ten levado a cabo, así como as demandas que trasladou ao Goberno de España, “que é o responsable da atención sanitaria da poboación reclusa nesta prisión”.
 
Ao respecto, o responsable do Sergas dixo que onte lle remitiu unha carta ao delegado do Goberno en Galicia, para expresarlle a súa preocupación e esixirlle que resolva canto antes esta situación, trasladándolle a decisión de que o persoal sanitario do Sergas só se desprazará nunha ambulancia do 061 ao cárcere no caso dunha emerxencia, cos mesmos criterios cos que se pode trasladar ao domicilio de calquera paciente, pero, no caso de actuacións non emerxentes, “non podemos asumir unha mobilización constante de ambulancias do 061 e de persoal sanitario do Sergas a un centro que ten a obriga de manter o seu propio servizo sanitario para atender á poboación reclusa”.
 
Por iso, trasladámoslle que podemos colaborar na asistencia sanitaria, mentres non resolvan o seu problema de déficit de médicos na prisión, “pero ten que ser a Administración xeral do Estado a que asuma a xestión do traslado dos reclusos ao centro e non á inversa”, -sinalou o conselleiro-. E por suposto, ten que executar este traslado coas debidas medidas de custodia que garantan a seguridade do persoal que vai atender puntualmente a esa poboación neste centro.
 
Segundo incidiu o responsable da sanidade pública da nosa Comunidade, “o Sergas non lle vai negar a asistencia sanitaria a ninguén en Galicia, aínda que a súa cobertura corresponda a outra administración, pero o que tampouco podemos é desatender os labores esenciais do persoal do 061 e dos centros de saúde para priorizar esa atención”.
 
”As nosas ambulancias teñen que estar dispoñibles para os traslados requiridos polos pacientes do Sergas, e o noso persoal ten que estar dispoñible para os pacientes que acoden ao centro de saúde e ao PAC. Se o Goberno de España necesita un apoio puntual darémolo, pero non pode ser a costa de interromper o traballo diario dos nosos profesionais”, -subliñou Comesaña-.
 
336912946 584791977016193 9089973371575048292 n
 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.