Numeracion Curtis logos

APRENDER A APRENDER

CARTEL ACTIVIDADES_marzo-maioO Concello de Curtis presenta a nova programación cultural para os máis cativos (nenos entre 3 e 12 anos). Dada a situación económica que estamos a sufrir, as Áreas de Cultura e Xuventude poñen en marcha "Aprender a aprender", un programa de actividades que facilita a conciliación da vida familiar e laboral. Neste programa a través dos obradoiros os nosos nenos e nenas adquirirán técnicas de aprendizaxe, vocabulario mediante o xogo, "unha maneira diferente de aprender".

O programa terá lugar dende o 4 de marzo ata o 30 de maio en horario de luns a venres entre as 17.30h e 20.00h no centro de ocio de Curtis ou no Edificio Usos Múltiples de Teixeiro e o prezo variará en función da unidade familiar o primeiro fillo/a 15,51€ e os restantes 8€.

OBRADOIRO XOGA CONMIGO. Neste obradoiro trataranse varios tipos de talleres:

O taller de lectura onde se desenvolveran actividades a traves dos contos, sopas de letras, encrucillados, debuxos,...

O taller de teatro e marionetas

O taller de actividades de velocidade de procesamento:busqueda de diferenzas entre debuxos, completar debuxos e escritura, xogos de destreza, puzzles, cálculo mental

OBRADOIRO DE INFORMÁTICA GRATUITO. Os nenos e nenas poderán coñecer tanto o funcionamento do ordenador como o coñecemento dos principais programas informáticos segundo o nivel e as idades (de 3 a 12 anos). O horario sería o seguinte:

Lunes de 16.30h-17.30h no Edificio Usos Múltiples

Mércores de 17.30h-18.30h no Centro de Ocio Infantil

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.