Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis ao carón das demandas dos agricultores e dos gandeiros

Concentración hoxe de gandeiros e agricultores ante a situación do sector diante da Delegación do Goberno á que acudiron gandeiros do concello; o portavoz municipal Iván Maques e o alcalde do Concello de Curtis, Javier Caínzos.

O pleno da Corporación do Concello de Curtis aproba por unanimidade unha proposta do equipo de goberno en defensa dos gandeiros e dos agricultores na cal se recolle un decálogo de medidas que se relacionan a continuación propostas polas organización sindicais máis representativas: Unións Agrarias-UPA (UU.AA), a Asociación Agraria Galega (ASAGA) e o Sindicato Labrego Galego (SLG):

  • Prezos xustos dos nosos produtos. Eliminación da especulación e creación de índices de referencia dos custos de produción en distintos sectores, incluíndo unha remuneración digna do traballo dos produtores, mecanismos para facer cumprir a Lei da Cadea Alimentaria e acabar con prácticas e marxes abusivas.

  • Rexeitamento dos tratados de libre comercio (Mercosur) que poñan en risco as nosas producións, priorizándoas fronte a terceiros países que comercian coa Unión Europea.

  • Eliminar a burocratización que asfixia a gandeiros e agricultores: Caderno Dixital, Decreto de Xestión da Explotación Bovina e Decreto de Fertilización Sostible do Solo.

  • Adecuación dos ecoesquemas e da PAC á realidade da agricultura e gandería galega, pagos en función de persoas activas e non por superficie.

  • Contías suficientes para atender as solicitudes de produción ecolóxica, así como todos os expedientes agroambientais e climáticos e axudas á incorporación.

  • Recuperación da terra agraria e a súa especial protección para apoiar ao sector ante novos retos como cambio climático, novas enfermidades ou aumentos do custo dos combustibles. Fomentar a investigación pública que acompañe ao sector na situación actual e para afrontar novas incidencias ou problemas que afectan á gandería e á agricultura, acadando unha maior sostibilidade en cada unha das explotacións.

  • Promover o acceso da poboación a alimentos saudables promovendo e apoiando os mercados locais, os circuítos curtos e a compra pública de alimentos ecolóxicos e de proximidade.

  • Mantemento da rebaixa do prezo do gasóleo para o sector primario, así como das condicións do gasóleo agrícola profesional.

  • Retirada do lobo da LESPRE, indemnización dos danos causados pola fauna salvaxe (xabarín, lobo, etc.) e de todas as perdas ocasionadas, que deberán minimizarse. Autorizar as batidas de control da fauna salvaxe. Creación dunha figura mediadora na negociación de contratos e posta en marcha de observatorios de prezos dos produtos agrícolas e gandeiros.

  • Creación dunha figura mediadora na negociación de contratos e posta en marcha de observatorios de prezos dos produtos agrícolas e gandeiros.

Deste xeito, no pleno de hoxe adoptáronse os seguintes acordos:

1.- Mostrar apoio ao sector primario no Concello de Curtis, aos seus gandeiros e agricultores. Reivindicamos a súa importancia no desenvolvemento da nosa vila e da Comunidade Autónoma, tanto dende o punto de vista produtivo, económico e social, como ambiental.

2.- Apoiar o decálogo de medidas para afrontar a crise do sistema agrario e

agroalimentario galego.

3.- Solicitar ao Goberno de España a adopción das ditas medidas coa maior brevidade

posible.

WhatsApp Image 2024 02 20 at 14.58.48

417431078 795547502617676 5990660711653358071 n

 

 

 

 

 

A Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo, lanza 3 liñas de axudas para compra de vivenda.

Os menores de 36 anos que merquen unha vivenda en concellos de menos de 10.000 habitantes poderán recibir ata 10.800 euros. Prezo máximo da vivenda: 120.000 euros. Vivenda nova ou usada, xa construida e mercada despois do 31 de outubro de 2023. Solicitudes por orde de entrada e ata esgotar crédito.

Compra de vivenda de protección autonómica: Poderase solicitar unha subvención equivalente ao 20 % do custo, cun límite de 20.000 euros se a vivenda está nunha das sete cidades e o solicitante ten menos de 36 anos. Noutras zonas e para compradores noutras franxas de idade, o importe da axuda oscila entre os 12.000 e os 16.000 euros.

Adquisición de inmobles situados en centro histórico: As axudas serán de 10.800 euros se o comprador ten 36 anos ou máis e de 12.800 se ten menos desa idade.

O prazo para presentar as solicitudes esténdese ata o 31 de outubro, salvo que o crédito se esgote antes.

Se precisades máis información ou axuda na tramitación ponte en contacto cos Servizos Sociais do Concello de Curtis.

Toda a información AQUÍ

5f5b7ee442f1e5b9fee1c117 hacerse una casa

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.