O Centro de Información da Muller recibiu 1.176 consultas e atendeu a 136 persoas no 2014
- O CIM canalizou as accións formativas, de emprego, conciliación e contra a Violencia de Xénero do III Plan Municipal para a Igualdade de Oportunidades
O CIM, Centro de Información da Muller, con sede en Curtis e que desde mediados do ano pasado tamén presta servizo aos concellos de Sobrado e Vilasantar, recibiu un total de 1.176 consultas ao longo do 2014 e atendeu a 136 persoas, 131 mulleres e cinco homes. O principal obxectivo deste centro é achegar información e asesoramento xurídico e psicolóxico ás mulleres nas cuestións que lles afecten, así como canalizar as accións do III Plan Municipal de Curtis para