Banner Narracion Curta XVI

APRENDER A APRENDER

CARTEL ACTIVIDADES_marzo-maioO Concello de Curtis presenta a nova programación cultural para os máis cativos (nenos entre 3 e 12 anos). Dada a situación económica que estamos a sufrir, as Áreas de Cultura e Xuventude poñen en marcha "Aprender a aprender", un programa de actividades que facilita a conciliación da vida familiar e laboral. Neste programa a través dos obradoiros os nosos nenos e nenas adquirirán técnicas de aprendizaxe, vocabulario mediante o xogo, "unha maneira diferente de aprender".

O programa terá lugar dende o 4 de marzo ata o 30 de maio en horario de luns a venres entre as 17.30h e 20.00h no centro de ocio de Curtis ou no Edificio Usos Múltiples de Teixeiro e o prezo variará en función da unidade familiar o primeiro fillo/a 15,51€ e os restantes 8€.

Martes de entroido 2013

Entroido 2013-01Entroido 2013-02O martes de entroido pola tarde tivo lugar a festa e o concurso de disfraces no Concello de Curtis. Os nenos e nenas tiveron a oportunidade de participar nos talleres de globoflexia, caretas, maquillaxe e tatuaxes e xogos populares. Este ano aumentou a participación con respecto a anos anteriores, xa que ao redor de 200 participantes disfrazaronse.

A súa orixinalidade e calidade nos disfraces, fixo que o xurado o tivese moi complicado á hora de tomar unha decisión cos premios.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.