Banner Narracion Curta XVII

RECHAZO LOCAL E VECIÑAL Á INVASIÓN EÓLICA NO CONCELLO DE CURTIS

O pasado venres realizáronse no Concello de Curtis tres reunións informativas por mor da tramitación de dous novos parques eólicos emprazados neste municipio: Caíño e Brancellao promovidos por Endesa a través do Ministerio de Transicción Ecolóxica. Os proxectos están na fase inicial da tramitación pública do estudo do impacto ambiental.

A estas reunións acudiron máis de 120 veciños quenes manifestaron o seu malestar e preocupación ante a invasión eólica que supoñen estes dous proxectos . As xuntanzas realizaronse en Paradela (parroquia de Foxado) Teixeiro (parroquia de Santa Eulalia) e San Roque de Xabriño (parroquia de Fisteus).

O Concello de Curtis comunicoulle aos veciños que presentará alegacións -a través dun informe realizado por un equipo técnico - para evitar que se se autorice a construcción de ditos parques que de levarse a cabo quedaría afectado todo o territorio do municipio. Así mesmo informou das afeccións que suporían a instalación destas dúas construccións: por impactos xa que se prantexa a instalación de 36 aeroxenadores no Concello de Curtis e por danos á flora e á fauna.

A reunión tamén serviu para escoitar a opinión dos veciños. As súas alegacións e propostas teranse en conta e incorporaranse no expediente de alegación que tramita o concello.

O concello seguirá informando e dando a coñecer todas as medidas que levará a cabo durante o periodo de exposición pública.

275288812 2137763519717056 6210214694449427082 n

275171064 2137763529717055 616588754629501788 n

275262581 2137763516383723 8114123671408306545 n

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.