Numeracion Curtis logos

A XUNTA INVESTIRÁ MÁIS DE 1,3 M€ NAS OBRAS DA 1ª FASE DE MELLORA INTEGRAL DA TRAVESÍA DE TEIXEIRO, EN CURTIS, QUE SE INICIARÁN NA PRIMAVERA

Curtis (A Coruña), 2 de decembro de 2022.- A Xunta investirá máis de 1,3 M€ nas obras da primeira fase de mellora integral da travesía de Teixeiro, no concello de Curtis, que se iniciarán na primavera.

Así o avanzou a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, na presentación hoxe en Curtis deste proxecto na estrada autonómica AC-231, que conecta coa N-VI e vai a Sobrado, na travesía de Teixeiro, coincidindo coa licitación das obras.

Acompañada do alcalde, Javier Caínzos, Vázquez Mourelle informou que a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle hoxe o inicio da contratación dos traballos de mellora integral desta travesía, actuando nesta primeira fase ao longo de case 500 metros da AC-231, que se suman aos outros preto de 500 de intervención no Camiño do Centro Etnográfico, ao carón da vía autonómica.

Deste xeito, a conselleira precisou que a Xunta vai mellorar os servizos e o firme da calzada, actuando nun treito de preto de 1 km de lonxitude, en dúas zonas diferenciadas.

Por unha banda, na propia vía autonómica, ao longo de preto de 500 metros da AC-321, comezaranse os traballos polos servizos que non se ven: renovando as redes de abastecemento e de saneamento, executando rede de pluviais e sistema de drenaxe. Isto, puntualizou a conselleira, permitirá evitar avarías e roturas frecuentes das redes, que provocan encharcamentos que acaban socavando o terreo e derivan no afundimento da estrada.

A continuación, renovaranse as beirarrúas, dotándoas dun ancho mínimo de 1,8 metros, para garantir a accesibilidade e favorecer a mobilidade dos veciños. E, ademais, ampliaranse os espazos nas zonas dos pasos de peóns para mellorar a visibilidade, actuando, tamén, sobre o firme onde sexa necesario.

Procederase á canalización da rede de servizos: iluminación, telecomunicacións, electricidade. Isto, tal e como apuntou Ethel Vázquez, redundará nunha mellora estética desa contorna, moi urbanizada, xa que agora estes servizos, na súa meirande parte, van mediante tendidos aéreos e grapados nas fachadas das edificacións.

A conselleira explicou que se prevén actuacións complementarias de mellora da seguridade viaria, de integración urbana e dotación de mobiliario, como bancos, papeleiras e axardinamento.

A titular de Infraestruturas detallou, tamén, a outra zona de actuación, que se corresponde co Camiño do Centro Etnográfico, ao carón da vía autonómica, nun treito de preto de 500 metros. Neste caso, dixo, a intervención centrarase no acondicionamento do aparcadoiro, co fresado e disposición dunha nova capa de firme; e coa disposición de novas instalacións de pluviais ata conectar co colector existente.

A conselleira destacou que a intervención permitirá ademais de acondicionar a estrada no treito de actuación, mellorar a drenaxe e as redes de saneamento e abastecemento municipais, que van soterradas e que están moi deterioradas. Isto, engadiu, causa filtracións ao terreo que ocasionan problemas de estabilidade e afundimentos no firme da propia estrada e supoñen molestias para os vehículos e os peóns.

Segundo apuntou, esta actuación de mellora viaria na AC-231, na travesía de Teixeiro, tamén permite á Xunta a axudar ao Concello a eliminar fugas na súa rede de abastecemento e os problemas de filtracións na rede de saneamento, contribuíndo, de xeito indirecto, a unha xestión máis eficiente dos servizos da auga.

As empresas interesadas en executar as obras teñen de prazo ata o vindeiro 28 de decembro para presentar as súas ofertas. A partir de aí, segundo dixo a conselleira, continuará a tramitación para que iniciar as obras na primavera, cun prazo de 12 meses.

2X5A5864 min 1

 

 

DesTAPAte: a ruta gastronómica para disfrutar do queixo e da nabiza en 21 locais de hostelería do Concello de Curtis nesta ponte da constitución

Curtis-Teixeiro, 2 de decembro de 2022-. Mezclada con manzanilla, protexe do mal de ollo;
macerando o nabo con azucre, cura os catarros; frotando as súas follas contra a pel, fai desaparecer as verrugas; colocándoa sobre as feridas, coagula a sangue... a sabiduría popular confire moitas propiedades á nabiza, pero a súa función máis extendida é combatir o frío inxerindo o seus saboroso caldo. Con este remedio gastronómico para o frío e xunto co queixo de Curtis con denominación de orixe Arzúa-Ulloa formarán un total de 21 locais do Concello de Curtis as tapas e menús da ruta desTAPAte.

Unha ruta organizada pola Área de Promoción Económica do Concello de Curtis que ten como
obxectivo ensalzar dous dos produtos típicos da zona e darlle un impulso á hostelería do municipio nesta ponte da Constitución.

A ruta comezará este sábado día 3 de decembro e rematará o día 6. Os locais repartirán con cada consumición tapas ou menús elaborados con queixo ou nabizas de forma gratuíta. Esta homenaxe consolídase como unha das citas gastronómicas máis coñecidas na comarca.

Este ano as tapas máis ofrecidas polos locais son o cocido e o caldo de nabizas xunto co queixo con marmelo. 

CONSULTA TODAS AS TAPAS E MENÚS AQUÍ: diptico_TAPAS_CONCELLO_DE_CURTIS_2022_2.pdf

*Na imaxe os concelleiros de Promoción Económica, José Barral e Xuventude e Voluntariado, Carmen Cernadas.

ruta desTAPAte

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.