Numeracion Curtis logos

Aprobados por unanimidade os proxectos e programas do POS na sesión plenaria de onte

O Concello de Curtis celebrou onte unha sesión plenaria na que se someteu a votación o POS+ 2024, cifrado en 410.783,30 euros, e no que se inclúe dúas actuacións de mellora de rede viaria de 3,212 km . Este POS foi aprobado por unanimidade.

Na mesma sesión tamén se aprobou por unanimidade o Plan POS+Adicional 1/2024 cunha contía de 66.103,06 euros destinada a sufragar o gasto en medidas de conciliación cunha contía de 36.600 euros, o programa “Ao teu carón”(18.503 euros) así como axudas de emerxencia ás persoas soas ou familias en risco de exclusión social (6.000 euros) e a adquisición de equipamento técnico asistencial (5.000 euros).

O alcalde, Javier Caínzos, recordoulles aos concelleiros da oposición toda a información solicitada e trasladada dende o pleno de constitución da nova corporación ademais de facilitarlles novamente información xa dada e constestada respondendo ás preguntas e dudas que tiveron. O alcalde afirmaba “TRANSPARENCIA TOTAL na acción do goberno dende o minuto un. Ademais, envíase cada 6 meses a todos os domicilios do concello unha revista municipal “Curtis ao día” con todas as actuacións municipais”.

417469845 788448939994199 3579527826341098506 n

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.