Banner Narracion Curta XVII

SEGUNDA FASE DA RENOVACIÓN DAS INSTALACIÓNS DE ILUMINACIÓN EXTERIOR

SEGUNDA FASE DA RENOVACIÓN DAS INSTALACIÓNS DE ILUMINACIÓN EXTERIOR

SUBVENCIÓNS A PROXECTOS SINGULARES DE ENTIDADES LOCAIS QUE FAVOREZAN O PASO A UNHA ECONOMÍA BAIXA EN CARBONO NO MARCO DO PROGRAMA OPERATIVO FEDER DE CRECEMENTO SOSTIBLE 2014-2020

O concello de Curtis ven de levar a acabo a Segunda fase da renovación das instalacións de iluminación exterior.

Realízase a substitución das luminarias de vapor de sodio, vapor de mercurio actuais por luminarias máis eficientes de tecnoloxía LED.

A tecnoloxía LED supón unha maior eficiencia fronte as luminarias substituídas, que se ve reflectida en que, a menor potencia instalada, conséguense un maior rendemento e maior vida útil. Así mesmo acádase unha redución da contaminación lumínica.

Na devandita actuación substituíronse luminarias cunha potencia anterior instalada aproximada de 34,23 kW por luminarias de tecnoloxía LED dunha potencia instalada de 11,84 kW, o que suporá un aforro de 99.085 kW/anual, con respecto ao consumo anual das luminarias anteriormente instaladas.

Ademais da actuación citada anteriormente, instaláronse cadros de manobra e protección que controlarán as instalacións onde se substitúen as luminarias para adaptalas á normativa técnica vixente actual. Esta actuación suporá unha mellora na seguridade e protección das instalacións reformadas.

Instálanse ademais postes de formigón para substituír postes actuais que se atopaban en mal estado ou para distribuír de maneira uniforme as luminarias substituídas.

FINANCIAMENTO DAS ACTUACIÓNS:

Para a exececución destas actuacións obtívose unha subvención por importe de 318. 304,28 €, ao abeiro do Real Decreto 616/2017, do 16 de xuño, polo que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a una economía baixa en carbono no marco do Programa Operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020.

 

6

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.